Estudios Irlandeses
Convidámoste ao Seminario Estudiar e Investigar en Irlanda
Publicada en 16/02/16

Anímate a participar o próximo xoves 10 de marzo de 2016 no Seminario “Estudiar e Investigar en Irlanda", que organizamos dende o Departamento de Xeografía, o Gist (Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio-Novos Medios da USC e a Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información AISTI no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC.


O seminario vai dirixido á estudiantes, investigadores e profesores da USC ou calquera persoa interesada en Irlanda e na Europa Atlántica. Trátase de incentivar e mostrar as posibilidades para o estudio comparado da sociedade e o territorio de Galicia e Irlanda.


Trátase de abrir un foro de debate sobre temas centrais de interés estratéxico para Galicia como son o "Suicidio Demográfico" a "Planificación Territorial" e o "Uso das TIC nas Universidades". O profesor Patrick O'Flanagan da University College Cork de Irlanda vai respostar á interrogante de por que Irlanda é o país europeo con maior dinamismo demográfico: o profesor Xoán Paredes tamén da University College Cork establecerá comparacións entre Galicia e Irlanda no tocante á ordenación territorial, o profesor Carlos Ferrás da USC reflexionará sobre o cambio social e económico de Irlanda nos últimos 30 anos a partir de imaxes e cartografía seleccionada, e a profesora Mariña Pose da USC presentará unha comparación sobre o uso das TIC nas universidades de Cork e Santiago.


Os interesados deben inscribirse previamente enviando un e-correo co seu nome completo, enderezo de email, estudios realizados ou en realización, e situación profesional a:


gist-formacion@usc.es


Entregarase aos participantes un Documento Acredidativo de asistencia e aproveitamento de 4 horas. 


Data: 10 de marzo de 2016


Lugar: Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Praza de Mazarelos s/n. Santiago de Compostela.


PROGRAMA


09:30. ¿Por qué Irlanda tiene la demografía más dinámica de toda la Unión Europea?. Prof. Patrick O’Flanagan. University College Cork. Irlanda.


10:00. A Ordenación do Territorio. Unha comparación Irlanda/Galicia. ¿Orde ou desorde? Mphil. Xoán Paredes. University College Cork. Irlanda.


10:30. Un percorrido pola Xeografía Humana de Irlanda en Imaxes. Prof. Carlos Ferrás. Universidade de Santiago de Compostela.


11:00. O uso das TIC na University College Cork e na Univesidade de Santiago. Prof. Mariña Pose. Universidade de santiago de Compostela.


11:30. Café.


12:00. Mesa de Debate: ¿Cómo se investiga e/ou estudia en Irlanda?


Patrick O’Flanagan, Xoán Paredes, Neill Y. Fitzgerald, Mariña Pose, Carlos Ferrás


13:30. Clausura.


Co apoio de:


Máster Oficial en Planificación e Xestión Territorial da USC


Máster en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC


Programa de Doutoramento Desenvolvemento Rexional e Inrtegración Económica da USC


Departamento de Xeográfía da USC


IDEGA. Insituto Universitario de Estudios de Desenvolvemento de Galicia


Grupo de Investigación Novos Medios da USC


Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información AISTI


Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar-Granxafamiliar

Non hai mais activos
Non hai vídeos
Non hai sons
6
¿Por que Irlanda ten a demografía máis dinámica da Unión Europea?  ir >
Por que non estudiar ou investigar en Irlanda? Coñeces o que te ofrece a USC?  ir >
Comparación uso das TIC na USC, na UMinho-Portugal e na University College Cork-Irlanda  ir >
A Ordenación do Territorio en Galicia e Irlanda. Orde ou desorde?  ir >
Xeografía Humana de Galicia e Irlanda. Comparamos?  ir >
Convidámoste ao Seminario Estudiar e Investigar en Irlanda  ir >
1
Introduce o texto a buscar: