Xornadas SINDUR
Convidámoste ao Seminario Teletraballo, Territorio e Cambio Social en Galicia
Publicada en 19/10/15

O próximo martes 10 de novembro de 2015 celebramos o Seminario Teletraballo, Territorio e Cambio Social en Galicia, co fin de reunir nun foro de reflexión e debate a especialistas procedentes das Universidades de Santiago, do Porto, Braga e Autónoma de Barcelona, así como a profesionais vinculados coa análise social e territorial, coa enxeñería informática e das telecomunicacións, teletraballadores en activo, sindicalistas e responsables da xestión do programa de teletraballo na administración autonoma da Xunta de Galicia.


O Teletraballo permite grandes posibilidades para o desenvolvemento de espazos urbanos e rurais. O exemplo do programa de descentralización xeográfica do goberno Irlandés permitíu deslocalizar traballadores públicos dende a capital do Estado, Dublín, cara pequenas cidades e vilas cabeceira de comarca rural; pondo en valor as TIC e o teletraballo. Con isto se desconxestiona o centro urbano da capital, se xeneran plusvalías económicas e se fomenta a conciliación da vida familiar e laboral. Permite unha mobilidade eficiente nos desprazamentos diarios en hora punta dende o lugar de residencia ao de traballo, rexuvenece a demografía local freando avellentamento, dinamiza e diversifica ás economías rurais e locais, favorece a desconxestión do tráfico e frea a contaminación atmósferica e o consumo de enerxía. Pero cales son os custes e beneficios da práctica do teletraballo? é posible en Galicia? xorden interrogantes que trataremos de respostar.


Programa
Xornadas Gist
Teletraballo, Territorio e Cambio Social en Galicia
Data: 10-11-2015.
Lugar Facultade Xeografía e Historia. Aula 14 (1º andar).
Praza da Universidade 1, 15782. Santiago de Compostela


9:30. Recepción
10:00. Conferencia.
Natalia Prieto Viso. Directora Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa. Xunta de Galicia.
El teletrabajo en la Xunta de Galicia.
10:30. Conferencia.
Asunción Blanco. Universidad Autónoma de Barcelona.
"Teletrabajo, Género y Territorio. Diversidad internacional: Cataluña, Ardéche y Quebec."
11:00. Conferencia.
Antía Rey. Universidade de Santiago de Compostela.
“Teletrabajo e Innovación en la Administración Pública. ¿Es posible? Estudio de casos en Galicia”
11:30. Café
12:00. Conferencia
Flavio P. Nunes.Universidade do Minho
"Teletrabalho: Clarificaçao conceptual e implicaçoes geográficas. Um contributo a partir de experiencias portuguesas"


12:30. Mesa de Debate:
Teletraballo e Territorio en Galicia. ¿Unha oportunidade? Para quen?


1. Roberto de Cabo. Teletraballador en activo. Xunta de Galicia.
2. Pablo Rama. (Representante Sindicato de traballadores CSIF).
3. Fernando Suárez. (Colexio Prefesional de Enxeneiros Informáticos de Galicia-CPEIG).
4. Alvaro Rocha. (Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información-AISTI).
5. Javier Tobío (Centro supercomputación de Galicia-CESGA).
6. Carlos Ferrás (Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio-USC).
7.Carlos Santos (Inclusión Social. Xunta de Galicia).


14:00. Clausura


Idiomas vehiculares: galego, castelán e portugués.


Organización:
Carlos Ferrás Sexto
Antía Rey Pazos
Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio, Gist. Idega
Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información, AISTI.


Inscripción gratuita por email a:
gist-formacion@usc.es


Prazas limitadas.


Máis información:
Telf. 8818 12704
Web: www.gist.es


CO APOIO DE:
Máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial-USC.
Máster Online en Sociedade da Información e Desenvolvemento urbano-rexional-USC.
Programa de Doutoramento en Integración Económica e Desenvolvemento Rexional-USC
IDEGA-USC. Grupo de Investigación Novos Medios-USC
Departamento de Xeografía-USC.
Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia-CPEIG.

Non hai mais activos
Non hai vídeos
Non hai sons
17
Convidámoste ao Seminario Teletraballo, Territorio e Cambio Social en Galicia  ir >
Escoita as IX Xornadas SINDUR: Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada  ir >
Convidámoste ás IX Xornadas SINDUR. Da Cidade Dixital á CIDADE AUMENTADA.  ir >
Escoita as VIII Xornadas SINDUR: Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada  ir >
Escoita as VII Xornadas SINDUR: Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada  ir >
Nova data para as Xornadas Sindur: 26 de xaneiro de 2011. Participa nas VIII Xornadas SINDUR. Da Cidade...  ir >
VII Xornadas SINDUR: Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada  ir >
Tommi Inkinen presenta no IDEGA unha conferencia sobre o uso intelixente das TIC nun barrio de Helsinki  ir >
O CEER e o GIS-T IDEGA organizan conxuntamente as Xornadas Informática Social e Desenvolvemento...  ir >
Relacións entre xénero e tecnoloxía en Finlandia  ir >
1 2
Introduce o texto a buscar: