Innovación
Xa podes ver os vídeos do Curso de Innovación e Marketing Rural
Publicada en 23/05/13

O pasado xoves 2 e xoves 16 de maio tiveron lugar, na sede do IDEGA,  as xornadas do Curso de Innovación e Marketing Rural organizado por Granxafamiliar-ADAF. Nelas, os alumnos puideron coñecer, da man dos seus protagonistas  experiencias empresariais de éxito: Conxelados José Bermúez S.L; Adegas Moraima, Pazo de Vilane, Deroceras, Un-Em Spin Off; Granxafamiliar e Agrodynamics.


 cartel


Na primeira ponencia José Bermúdez falounos da súa empresa especializada na comercialización de bacallau e outros produtos conxelados e de Moraima, a cooperativa vitivinícola que fundou en 2006.


A continuación, Nuria do Pazo de Vilane, compartiu connosco as claves do seu exitoso proxecto de produción e comercialización de ovos campeiros de galiñas en liberdade.


María Córdoba falounos de Deroceras, empresa xurdida a partir dun grupo de investigación da Universidade de Santiago que ten como obxectivo facer un uso racional dos productos fitosanitarios.


Na xornada do día 16 de Maio, tivemos a oportunidade de escoitar as experiencias de Geodynamics, En-Um Spin Off e Granxafamiliar.


Pablo, xerente de Geodynamics explicounos como se fundou a súa empresa, as axudas e atrancos que tivo. Amais nos falou dos seus productos tecnolóxicos innovadores para o pequeno productor agrario. Moi interesante resulta os sistema de consulta fitosanitaria dos cultivos a través das redes sociais; a súa empresa asesora ao productor a distancia recurtando os custes considerablemente.


Manuel de Un-Em nos mostrou os valores da iniciativa e capacidade emprendedora da universidade. Falounos da súa empresa para promover a creación de empresas a partir da transferencia tecnolóxica dende a universidade cara a sociedade.


Por último, Yolanda e Mariña, mostraron os valores de granxafamiliar.com, reflexionaron sobre o seu proceso de desenvolemento, problemas, ventaxas, relacións coa administración, capacidade innovadora do proxecto, etc.


Xa podes ver os vídeos de todas as súas intervencións na canle de TV de Granxafamiliar en Youtube.


Ademais, se queres obter máis información sobre estas empresas, animámoste a visitar as súas webs:


www.josebermudez.es


www.adegamoraima.com


http://pazodevilane.com/wordpress/


www.deroceras.com


www.agrodynamics.net/


www.granxafamiliar.com


www.un-em.com

Non hai mais activos
Non hai vídeos
Non hai sons
50
El profesor James Buckley ve inspirador para California el carácter agrourbano de Galicia  ir >
La Universidad BAMU de Aurangabad en India se interesa por desarrollar Granxafamiliar.com en la...  ir >
Obradoiro Agro Creativo e Novos Productos en Xunqueira de Espadañedo-Ourense  ir >
Granxafamiliar.com seleccionada como experiencia replicable en territorios europeos  ir >
Xa podes ver os vídeos do Curso de Innovación e Marketing Rural  ir >
A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC coñece Granxafamiliar nunha visita a Casa Agro do Crucerio  ir >
O museo virtual etnográfico Galiciaautentica.org promove o turismo alternativo nos Estados Unidos  ir >
Gustavo Marcos, profesor de Innovación y Emprendimiento del Máster SIC analiza la experiencia...  ir >
Granxafamiliar.com recibe el Premio Alimentos de España a la innovación  ir >
Investigadoras do Gis-T crean empresa de spin-off  ir >
1 2 3 4 5
Introduce o texto a buscar: