Formación Avanzada
Granxafamiliar.com convídate ao 2º Curso Online de Innovación e Marketing Rural
Publicada en 27/03/13

Necesidades de formación. A experiencia de marketing online para o desenvolvemento rural levada a cabo durante os últimos sete anos por www.granxafamiliar.com  pon en evidencia a necesidade de cualificar recursos humanos en temas de marketing territorial, innovación, emprendimento, xestión de recursos dixitais, xestión de redes sociais, agricultura ecolóxica, turismo creativo, desintermediación comercial, etc. orientados específicamente cara o medio rural.


As familias e residentes do rural non poden quedar á marxe da sociedade da información e requírese un esforzo na súa cualificación e alfabetización dixital. Todo apunta a que hoxe en dia xa non chega con saber producir senón que hai que saber “vender” os productos do noso rural.


Por moito que consideremos bos profesionais a todos os que actúan no agro, resulta evidente que, en moitos casos, están carentes dun nivel de formación e coñecemento axeitados ás necesidades dun mundo dixital, e son eles mesmos os que solicitan esta formación, á vista da competitividade e resultados que se están a acadar no sector na actualidade.


Organiza:


Granxafamiliar-ADAF


Colabora:


Gist. Idega. Universidade de Santiago


Máster en Sociedade da Información da Universidade de Santiago


 


Información:


granxafamiliar@granxafamiliar.com


Telf.: +34  647344270 / +34 647344023


Director:


Carlos Ferrás Sexto (Presidente de Granxafamiliar-ADAF y Director do Grupo de Investigación Gist-T Idega da USC).


Coordinación:


Mariña Pose e Yolanda García (Profesoras do Máster en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC).


Obxectivos


Analizar metodoloxías, aplicacións TIC e experiencias de emprendimento para a innovación e desenvolvemento do medio rural e da agricultura familiar, co obxecto de que os alumnos poidan desenvolver os seus propios proxectos aplicados.


Familiarizarse co funcionamento e posibilidades dos sistemas online de xestión de información a través das plataformas www.granxafamiliar.com  y www.galiciaautentica.org.


ACTIVIDADES DE FORMACIÓN


O traballo de formación resulta indispensable para a consecución dos obxetivos, e neste caso debe haber unha formación baseada na transmisión de coñecemento  innovador respecto a tema claves para o desenvolvemento rural, amais  dunha formación dirixida cara a cualificación no uso das novas tecnoloxías e nas habilidades informacionais.


Realizarase un curso completo de 60 horas de duración centrado na INNOVACIÓN  E MARKETING RURAL. As horas son de dedicación promedio de traballo do alumno.


O profesorado será seleccionado a partir de criterios de excelencia empresarial, liderazgo no emprendimento e cualificación docente e experiencia demostrada na formación online.


A planificación temporal do curso queda como segue:


Duración: 60 horas. Horario de traballo: 15 horas/semana de traballo por alumno.


Data de Inicio: 20 de xaneiro de 2014. Data de fin: 20 de febreiro 2014


Lugar de celebración:


A sede do curso será no Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia, Idega, donde ten as súas oficinas ADAF-Granxafamiliar.


A oferta do curso é totalmente online empregando a plataforma de formación a distancia do Máster en Sociedade da Información da USC.


As tutorías personalizadas co profesorado serán optativas e a través de videoconferencia (skype) ou presencial na sede do Idega-USC en Santiago previa solicitude.


O curso se estructurará en tres módulos docentes:


A. MODULO INNOVACIÓN E MARKETING TERRITORIAL


1. Aula de Traballo Desenvolvemento Rural e Tecnoloxía. Estudios de Casos: Bodegas Moraima, Hifas da Terra, Pazo Vilane, Un-Em Creación de Spin Off.


2. Aula de Traballo Marketing Territorial. Estudio de Casos: Agrodynamics, Deroceras, Granxafamiliar.com, Galiciaautentica.org.


B. MÓDULO DE INNOVACIÓN E EMPRENDIMENTO


1. Definición de ideas emprendedoras


2. Deseño de plan de negocio


C. MÓDULO DE COMUNIDADES VIRTUAIS


1. Identificación de comunidades virtuais para o desenvolvemento rural


2. Análise de conflictos e interacción nunha comunidade virtual concreta.


Os alumnos traballarán os contidos do curso dixitalizados e a distancia (60 horas). Para esto disponse dunha plataforma avanzada para impartición de cursos On Line, á que da soporte a USC a través do Grupo de Investigación GIST.IDEGA.


Metodoloxía de aprendizaxe:


Os alumnos deberán realizar as tarefas descritas apoiándose en:


1. Os videos dispoñibles na plataforma dixital do curso. 2. A bibliografía e os recursos Web recomendados. 3. A interacción con outros alumnos na aula virtual. 4. As consultas On-Line cos profesores (por mail, videoconferencia, etc).


Os idiomas vehiculares do curso serán o galego e o castelán.


Tempo de estudio e traballo persoal que debe dedicar un alumno:


O alumno deberá dedicar un total de 60 horas de traballo para superar o curso que ten unha duración de 4 semanas. Durante as catro semanas de traballo, os alumnos poderán transmitir ao profesor as súas dúbidas por mail ou videoconferencia. As tutorias por videoconferencia serán solicitadas previamente por email aos profesores.


Prezo e prazos de inscripción:


A inscripción a través do formulario: ENTRAR NO FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN


O prazo de inscripción finaliza o 10 de xaneiro de 2014. O prezo do curso é de 60€, que deberán ser abonados antes del 20 de xaneiro de 2014 facendo constar o título do curso na conta:


2080 0388 26 3040001013 de NovaGalicia Banco.


Se habilitan un máximo de 25 prazas. Granxafamiliar-ADAF concederá bolsas que cubrirán o importe íntegro da matrícula aos alumnos que sexan veciños/as do Concello de Cervantes en Ancares (Lugo) e aos seus asociados; con preferencia aos desempregados de longa duración e minusválidos.

Abrir > Innovación e Marketing Rural
Non hai vídeos
Non hai sons
46
O xeógrafo Miguel Ángel Piñeiro gaña a Bolsa de Estudos SIC do Colexio...  ir >
Oferta de Beca de Prácticas de la AISTI para alumnos de la 8º Edición del Máster...  ir >
Oferta de la 8ª edición del Master On-line en Sociedad de la Información y Desarrollo...  ir >
Convidámoste ao curso Reserva da Bioesfera e Desenvolvemento Sostible do Prof. Michael Adams da...  ir >
El profesor James Buckley especialista en planificación urbana del MIT visita la USC  ir >
Curso de Perfeccionamiento en Gestión de la Información en Trabajo Social  ir >
Oferta de Bolsa de Colaboración da Vicerreitoria de Estudiantes da USC para o Máster en...  ir >
O CPEIG ofrece tres bolsas para o Máster online en Sociedade da Información da USC  ir >
A 7ª Edición do Máster en Sociedade da Información da USC impulsa unha...  ir >
Sonia Angelisi de la Universidad de Calabria analiza Granxafamiliar en su Tesis Doctoral  ir >
1 2 3 4 5
Introduce o texto a buscar: