Innovación
O Monte é nosso, gañador do Premio de Emprendemento Cultural 10x10
Publicada en 16/11/12

A proposta O Monte é nosso_sachando procomún na que participa o Gist-IDEGA como colaborador acaba de recibir o Premio de Emprendemento Cultural 10x10 convocado pola Fundación Contemporânea e o Concello de A Coruña


Este proxecto leva máis dun ano discutíndose, dende aquela viaxe que se organizou a través do Laboratorio do Procomún do Medialab Prado, para coñecer os montes comunais da comarca das Mariñas de Betanzos, ata o nodo dos montes comunais no marco do Summer Lab en Alg-a, Vigo. Este proxecto colaborativo e horizontal aspira a entender novos modelos de gobernanza a partires de estudar, (re)situar e traballar activamente nos montes comunais como exemplo de procomún.


Procurar facilitar a visibilidade dos montes comunais e das comunidades que as xestionan, así como a (re)apropiación destes montes por parte das veciñas por ser estes garantes na sustentabilidade dos territorios son os obxectivos de O Monte é nosso_sachando procomún. Entre as accións previstas atópase a realización dun mapeo desas subxectividades dende narrativas non lineais, nos que as propias protagonistas sexan as comuneiras. Esta cartografia expandida, como a denominamos, facilitará a subida de fotos, imaxes, vídeos, textos dunha forma libre e sinxela por parte dos protagonistas destas comunidades. O que se busca é que mediante esta web poidamos coñecer como se xeneran estas relacións, esa gobernanza, como se dan eses afectos entre as comuneiras. Só mediante esta conversa aberta, descentralizada e libre poderemos entender esa complexidade que rodea esta realidade.


Asimesmo o impulso do Lar de Investigación Comunal permite crear un espazo de investigación entre todo aquelo que esté relacionado cos comúns, cos montes comunais, coa antropoloxía rural, a transformación rural, a arte ou o xénero Este espazo busca converterse nun lugar de documentación e arquivo desta información, así como un lar de produción de coñecemento e intercambio de información entre aquelas que están interesadas, coma nosoutras, no impulso desas comunidades que son quen de autoxestionar bens de forma autónoma, sen necesidade da intervención administrativa ou sen pensar neses condicionantes capitalistas.


Coa intención de fomentar estes procesos de (re)apropiación destes montes por parte das súa comunidades, a arte e a investigación deben estar presentes, por iso as intervencións artístico/sociais mediante residencias procurarán establecer nodos de relacións entre as artistas e as comuneiras coa intención de usar a arte ou a investigación social como catalizadores deste proceso.


Esta proposta que recibiu o Premio xunto ao Furancho de Arte Contemporânea Peregrina e Robocicla foi impulsado por Verbeneas Periféricas, Rural Contemporánea, Artesáns de innovación, Alex Mikeliños e Constelaciones e conta co apoio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, Banco de Tempo Valadares, Comunidade Veciñal do Monte de San Antón Mántaras (Irixoa) e o próprio grupo.


Para ter máis información ou colaborar co proxecto podes seguirnos em @montenoso ou http://montescomunais.wordpress.com/


 


 

Non hai mais activos
Non hai vídeos
Non hai sons
50
El profesor James Buckley ve inspirador para California el carácter agrourbano de Galicia  ir >
La Universidad BAMU de Aurangabad en India se interesa por desarrollar Granxafamiliar.com en la...  ir >
Obradoiro Agro Creativo e Novos Productos en Xunqueira de Espadañedo-Ourense  ir >
Granxafamiliar.com seleccionada como experiencia replicable en territorios europeos  ir >
Xa podes ver os vídeos do Curso de Innovación e Marketing Rural  ir >
A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC coñece Granxafamiliar nunha visita a Casa Agro do Crucerio  ir >
O museo virtual etnográfico Galiciaautentica.org promove o turismo alternativo nos Estados Unidos  ir >
Gustavo Marcos, profesor de Innovación y Emprendimiento del Máster SIC analiza la experiencia...  ir >
Granxafamiliar.com recibe el Premio Alimentos de España a la innovación  ir >
Investigadoras do Gis-T crean empresa de spin-off  ir >
1 2 3 4 5
Introduce o texto a buscar: